A asertividade é unha habilidade esencial nas nosas relacións. Permítenos expresarnos con claridade, honestidade e respecto, tendo en conta tanto as nosas propias necesidades como as dos demais. Non se trata de impor, nin de calar por medo ao conflito. Trátase de atopar un punto de equilibrio: escóitoche, pero tamén me escoito.
Moitas persoas, por razóns culturais, sociais ou persoais, aprenderon a priorizar o benestar dos demais por riba do propio, caendo con frecuencia en estilos comunicativos pouco sanos, como o silencio ou a complacencia excesiva. Ou, tras tanto tempo reprimindo o que sinten, poden estallar de forma agresiva. A boa noticia é que a asertividade entrénase. E como toda habilidade emocional, parte do autocoñecemento.

Tipos de comunicación interpersoal
Para entender que é a asertividade, é útil coñecer primeiro os tres estilos comunicativos máis comúns:
- Comunicación pasiva: evitamos expresar o que sentimos ou necesitamos. Decimos “sí” cando en realidade queremos decir “non”. Adoitamos antepoñer aos demais por medo ao rechazo, ao conflito ou a sentirnos culpables.
- Comunicación agresiva: expresamos o que pensamos ou sentimos de forma hostil, impoñente ou desconsiderada. Aquí priorízase o propio, sen ter en conta ó outro.
- Comunicación asertiva: é a forma de comunicarnos desde o respecto, tanto cara a nosoutras mesmas como cara aos demais. Nos permite expresar emocións, ideas e necesidades sen atacar nin someternos.
¿Que implica o comportamento asertivo?
O comportamento asertivo apoiase en tres pilares fundamentais:
- Pensamentos: son as nosas creencias e dereitos persoais. Por exemplo: “Teño dereito a dicir o que penso sen sentirme culpable”, ou “A miña opinión tamén importa”.
- Emocións: é o permiso interno para sentir o que sentimos e recoñecelo como válido. Asertividade é poder dicir: “Isto moléstame” ou “Esto faime sentir incómoda”.
- Conduta: é a acción concreta. Poñer límites, pedir axuda, rechazar unha petición, expresar un desexo… Todo dende un lugar de firmeza tranquila e sen necesidade de xustificarte en exceso.

¿Cómo se entrena a asertividade?
- Coñecerte mellor: identificar as túas emocións, os teus límites e o que necesitas.
- Cambiar creencias: cuestionar esas mensaxes aprendidos que che din que debes complacer, calar ou non molestar.
- Practicar novas formas de expresarte: usar frases claras, honestas e respectuosas. Por exemplo: “Non me sinto cómodo con esto”, “Prefiro que o falemos noutro momento”, ou “Esto non é negociable para min”.
- Tolerar a incomodidade: aprender a soster o malestar que ás veces surxe cando te priorizas por primeira vez.
- Validarte internamente: entender que non necesitas a aprobación constante dos demais para ter valor.
Ser asertivo non é ser egoísta
Moitas veces confundimos a asertividade con egoísmo, pero en realidade, é todo o contrario. Ser asertivo é tamén coidar ao outro, pero sin deixarte a ti fora. É saber dicir “non” sen sentir culpa, e aprender a dicir “sí” dende a liberdade, non dende a obligación ou o medo.
¿Cóstache poñer límites? ¿Bloqueaste ao expresar as túas necesidades?
Se te ves reflexado, quizá sexa momento de traballar a túa asertividade. En Iria Garrido Psicología estou para axudarche. Ofrézoche un espazo cercano, seguro e profesional onde poder traballar en ti, ao teu ritmo, e desenvolver habilidades que che permitan sentirte máis libre, seguro e en paz contigo mesmo.


